A familia creceu e, na actualidade, somos 19 persoas que traballamos xuntos, repartidos entre oficinas, destilería, adega e viñedo, ademais de todas as empresas coas que colaboramos. Sen eles, non habería viño que botar na copa. Estamos orgullosos de ter un equipo humano envexable, con grandes persoas que se converteron en grandes amigos.
Algúns incorporáronse este mesmo ano e outros contan na súa traxectoria con máis de trinta. Pero en calquera caso, todos eles fundamentais. Porque para elaborarmos un gran viño, fan falta moitas persoas que amen o seu traballo e se sintan parte da familia.