Os comezos da adega.
Os viñedos da finca.
1923
Baldomero Moure comeza a elaborar os seus primeiros viños nunha daquelas pequenas e humildes adegas de parcela en A Cova. Mais, grazas á herdanza de Carmen e os aforros traídos de América, empeza a adquirir fincas na zona e fai construír unha adega (na actual finca de Cuñas).
Os comezos da adega.
1950
Na década dos cincuenta, a adega xa comezaba a quedar pequena e decídese edificar outra mais grande e máis moderna. Actualmente alberga a sala de barricas e a sala de vinificación de viños con crianza en madeira. Aquí elaboramos en troncocónicos de madeira de carballo francés de entre 3000 e 7000 litros de capacidade e realizamos crianzas en barricas de carballo de diferentes procedencias.
Os viñedos da finca.
2000
A principios deste século, constrúese a adega principal, que na actualidade acolle o laboratorio, a sala de catas e é o lugar onde elaboramos os viños do ano e as pequenas vinificacións e ensaios experimentais. Traballamos con aceiro inoxidable, aínda que usamos outros materiais na área experimental. Esta adega concibiuse co fin de funcionar por gravidade e coa máis alta tecnoloxía para respectar ao máximo a integridade da uva.
A adega coidámola todos. Mais os nosos responsables técnicos encárganse de protexer e guiar aos noso viños durante todo o seu proceso de vinificación e crianza, para saíren ao mercado no seu momento e condicións óptimas.
Cremos que un viño, ademais de representar á terra da que provén, debe reflectir o ano en que se forxou.
En Adegas Moure, cremos no concepto de anada. A pluviometría, o vento, a temperatura ou a humidade, unidos a outros factores apenas cuantificables, condicionan cada colleita. Por tanto, as calidade do viño veranse modificadas en maior ou menos medida, por moito que nos empeñemos en repetir os mesmos patróns tanto en viña como en adega.
Os nosos viños presentarán proporcións lixeiramente diferentes de cada variedade, así como o tempo de crianza en barrica ou mesmo o afinamento en botella, antes de saíren ao mercado, co único fin de crear o mellor viño posible coas particularidades condicións de cada vendima.
Imaxine, no colmo da prosopopea, que un cabelo comeza a adquirir tons outonais e finalmente o ocre vence á coloración natural. Imaxine -pídolle un pequeno esforzo ao facelo- que perde todo o cabelo e o seu corpo comeza a entrar unha fase de letargo.
Imaxine que lle cortan os dedos das mans e os pés, pero non sente dor porque está case inconsciente, e retiran e queiman os restos dos seus membros amputados mentres reforzan as ataduras que o someten a un emparrado cruel.
Imaxine que todo termina cun fundido en negro e despois chega o frío e o absorbe a nada.
Sen saber canto tempo pasou, esperta moi lentamente, terriblemente aletargado e paralizado. Ao espertar, dáse de conta de que os seus membros foron acernados tempo atrás, antes de caer no abismo da negra inconsciencia e comeza a chorar...
Ao fin, cesa o pranto e é consciente de que se sente con máis forzas. As zonas das que abrollaban as mágoas quedaron obturadas e percibe un pequeno formigar acompañado dunha suave sensación de euforia. As cóxegas, lonxe de remitir, acrecéntase e transfórmase nun intenso pracer. De repente, descobre que os seus membros están volvendo a medrar! O crecemento é imparable; séntese ben, séntese mozo e forte.
Cada ano as cepas florecerán e da súa polinización xurdirán novos grans de uva, que irán medrando, absorbendo da terra o que esta lles ofreza. De repente, comezarán a colorearse os grans da uva como se a varíola se estendese por todo o viñedo; até que pouco a pouco termine por cubrilo completamente. A pel comezará a abrandarse e as uvas poranse doces. E despois dunhas cantas chuvias e moitas horas de sol... recolleremos un froito honesto e marabilloso, que reflectirá o traballo do home e os caprichos dos deuses.