A Ribeira Sacra sitúase entre o sur da provincia de Lugo e o norte da provincia de Ourense, ao abeiro do río Miño e o río Sil. Nesta zona do interior de Galicia, o solo de carácter aluvial e de orixe granítica e de lousa, forma grandes desniveis ás marxes do río, erosionados durante milenios.
O topoclima xerado nestas áreas, tradicionalmente de corte oceánico, adquire un carácter máis mediterráneo, o óptimo para unha boa maduración na nosa latitude.
Hai máis de dous mil anos os romanos chegaron a Galicia e implantaron a súa cultura. Unha das súas actividades agrícolas máis importantes era o cultivo da vide e a elaboración de viño e, para iso, buscaron as mellores zonas para cultivalas. Súas son moitas das muras e bancais que aínda hoxe gobernan a paisaxe. O viño que obtiñan nesta zona era moi recoñecido e dise que llo levaban ao propio César en Roma.
Centos de anos despois, os monxes encontraron aquí un lugar illado, con solos fértiles, un clima agradable e abundante auga, como para asentárense e construír os seus mosteiros. Hábiles nos cultivos, levaron as vides a moitas zonas da nosa xeografía e propagaron o consumo do viño.
Nos últimos séculos, a viticultura tivo un carácter de subsistencia, considerando o viño como un alimento máis, e incluso compartindo o terreo con outros cultivos. Finalmente, as sucesivas particións hereditarias, terminaron por determinar este minifundismo tan característico da nosa idiosincrasia como da nosa paisaxe.
Adegas Moure foi unha das adegas que se agruparon de inicio para crear a denominación de orixe Ribeira Sacra, co obxectivo de impulsar e protexer os viños e viñedos desta zona.
Pola dificultade de cultivo que representa, denomínase viticultura heroica, formando parte do CERVIM, asociación que pon en valor a viticultura de montaña.
Esta denominación de orixe, que navega entre o río Miño e o Sil, alberga unha grande variedade de nichos ecolóxicos. Unha das características máis relevantes da zona é o cultivo en bancais (muras), pola forte pendente destes canóns.
Dentro da denominación de orixe Ribeira Sacra, a subzona na que nos encontramos é a de Ribeiras do Miño. En concreto na parroquia de A Cova, lugar de Cuñas, aínda que posuímos viñedos en diferentes áreas de produción dentro da Denominación de Orixe. Os solos e o mesoclima desta área varían en gran medida ao longo das diferentes zonas e mesmo a nivel de parcela, de aí a importancia do tipo de solo, pendente, altitude e orientación.
Os datos climáticos arroxan valores de temperatura media de 14º e unha pluviometría de 900 mm ao ano nas Ribeiras do Miño (270 mm de abril a setembro), ademais de lixeiros ventos. A humidade relativa ronda o 70%, contando con en torno a 180 horas de sol mensuais.Na actualidade, estes valores estanse vendo afectados polo proceso de cambio climático que estamos a sufrir. Nos últimos anos estamos acadando temperaturas máis altas, un clima máis seco e veráns máis longos. Preocúpanos mito este grave problema e traballamos por reducir ao mínimo a nosa pegada de carbono.
Por estes motivos, o noso compromiso coa natureza é o de formar un único tándem, que nos conduza a unha agricultura sustentable, integrada na paisaxe e no que ambas as dúas partes saiamos beneficiadas. A contorna, cunha maior diversidade de especies e hábitats; e nós, cun gran viñedo e un viño de altura.
En Abadía da Cova, o viñedo actúa como eixo vertebrador duns produtos con características únicas. O terrón (terroir) adquire unha dimensión esencial, ao non depender exclusivamente do clima e o tipo de solo, senón das condicións de cada pendente, da súa orientación, insolación e humidade nas súas diferentes partes.
Buscamos nestas abas, orientacións sur ou sur-oeste, a altitude adecuada para unha correcta temperatura, o solo e insolacións óptimas... e o río, como factor determinante de todos eles. É a busca do lagar que mellor exprese as características de cada unha das nosas variedades, para así cultivalas tan só no terreo ao que mellor se adapten. A suma destes factores acabará por esclarecer o misterio... anada tras anada.
A viticultura heroica é o único tipo de viticultura posible, debido a que as mellores condicións para o viñedo están nas ladeiras do río, con inclinacións que alcanzan o 70%. Todos os traballos son realizados de maneira meticulosa de de forma manual polo noso equipo de viticultura.
Hoxe en día estamos afondando no coñecemento dos principios biodinámicos, ensaiando nos nosos viñedos experimentais para poder beneficiarnos destes coñecementos e melloras as condicións de cultivo das nosas vides.
Temos varias estacións meteorolóxicas nos propios viñedos, que nos permiten medir os valores atmosféricos e de solo das nosas parcelas, así como establecermos protocolos de actuación que nos permitan sacar o mellor rendemento das nosas cepas, pero tamén como previr posibles infeccións por parte de fungos non desexables.
Los principios de ecología, respeto y compromiso con el medio, así como la preservación de este área natural, siempre han sido primordiales para nuestra empresa.
Nos nosos viñedos temos dous tipos de solos fundamentalmente. Na zona de Ribeiras de Miño e Amandi, os solos son fundamentalmente graníticos, con vetas de lousa e xistos. Na parte de Montefurado e Quiroga, son solos de lousa de areas e arxila.
O sistema tradicional, que constitúe vides en “vaso”, ou sistema vertical, con poda de “guyot” (polgar ou cotón e vara) simple ou dobre, limitando o número de xemas en función do vigor e saúde de cada cepa. Este sistema de condución representa unhas 5,5 hectáreas de viña, repartidas en numerosas parcelas de pequeno tamaño. Alberga as cepas máis antigas da propiedade, que tratamos de preservar cun coidado extremo nas súas condicións de cultivo.
Utilizámolo nas dúas fincas de Albariño da casa, tamén das máis antigas. Representan unhas 3,5 hectáreas de viñedo e permítenos controlar o vigor destas inquietas cepas, así como aproveitar o 100 % da enerxía solar, por ser un sistema de superficie continua.
Nas viñas máis recentes, estamos cultivando en espaller. As cepas guíanse a dobre cordón, cordón simple ou en sistema vertical con poda de cotón e vara (guyot). Actualmente hai unhas 9,5 hectáreas de viñedo neste último sistema de condución.
O que se pretende é acadar unha maior profundidade e orixinalidade nos diferentes tipos de viño.
Cultivamos as nosas uvas en varias zonas dentro da DO.. Como área principal encontramos as Ribeiras do Miño, sen embargo tamén producimos uvas en Amandi, Montefurado e Quiroga. Esta diferenciación de parcelas apórtanos características diversas e grandes contrastes nos parámetros das uvas.
A adega produce a maior parte das uvas que utilizamos nos nosos viños. Sen embargo hai parcelas interesantes e grandes viticultores que nos aportan uvas ás que non poderiamos ter acceso de outra maneira. Só compramos uva de viticultores de confianza, cos que levamos traballando máis de vinte anos como media. Clasificamos as parcelas e destinamos esa uva aos viños que cremos máis oportuno. Traballamos cóbado con cóbado para que o viñedo se traballe de maneira óptima, respectuosa e cos nosos propios criterios de calidade. Guiamos e apoiámonos mutuamente con cada viticultor durante todo o proceso, até obtermos o mellor resultado en cada caso.
Convidámolos a coñecer un lugar único da man de Abadía da Cova.